El prósimo venres 15 de marzo, ás 20:15 horas, preséntase na Biblioteca “Miguel Teijeiro” das Figueiras, conceyo de Castripol, a novela “Vida Maleva”, d’Arturo Álvarez Fernández “Tangueiro”, publicada pola editorial asturiana Suburbia Ediciones. Pá presentación contaremos coa presencia d’Iván de Cazarón y a actuación del grupo musical “Os Folkgazáis”.
“Vida Maleva” é unha novela histórica sobre a figura del “Gallego Julio”, un asturiano de Castripol que foi el delincuente más importante na década dos anos 20 en Arxentina.
Sobre este personaxe filmóuse nel ano 1953 a película “Del otro lado del puente”, del director Carlos Rinaldi, y aparece como personaxe secundario na novela “Frontera Sur” d’Horacio Vázquez Rial (1995) y na posterior película (1998) protagonizada por José Coronado y Maribel Verdú. Tamén protagonizóu varios cómics nos anos 70, dentro da colección arxentina “Crónicas de un porteño Viejo”.Durante a súa vida en Buenos Aires dedicóuse al escolaso (apostas ilegales de naipes, carreiras de caballos, etc.) y á esplotación de hasta tres mil muyeres nos burdeles da súa propiedá. Barrúntase que nacéu hacia 1890 y morréu asesinado pola espalda nos esteriores del Hipódromo de Palermo en Buenos Aires, el domingo 16 de febreiro del ano 1930, entrementres vía correr al sou cabalo Invernal. Sigue leyendo
